Volver

Rehubicacion dos Contenedores de Recollida de Lixos

franciscoramirezfaustero franciscoramirezfaustero  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 638

Entre as demandas máis solicitadas polos veciños, está a falta de aparcadoiro na contorna máis próxima á súa vivenda. A recolocación dos colectores de lixo colindando cos vaos en todos os garaxes onde sexa viable, proporcionaría un importante número de aparcadoiros na cidade, contribuíndo a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Esta proposta  débese considerar tendo en conta que para o 2018 está previsto o cambio de contrato coa concesionaria actual e considerando  o posible cambio de colectores, polo que o custo da súa recolocación  a carón dos vaos sempre que sexa viable non supoñería un custo a maiores.

Localización: Cidade de A Coruña

Proposta en nome de: A.VV. Monelos-Fonte das Paxariñas

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable porque a reubicación dos colectores non supón un gasto de investimento.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • aleixo_varela

    É algo que cae de caixón, e que se non se fixo é só porque se pretenden despexar as rúas de coches, sen parar a pensar que un vehículo dando dez voltas para estacionar contamina e fai moito máis dano que ben aparcado. A ver se facemos forza e sae adiante.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • franciscoramirezfaustero

      Baseámonos nunha enquisa reaizada no Barrio de Monelos entre 460 veciños na que se manifestaba que se trata dun dos maiores problemas dos mesmos, referidos ao seu ambito de residencia

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos