Volver

XARDINS VERTICAIS BAIXO OS VIADUCTOS DE ALFONSO MOLINA NA ENTRADA DA CIDADE

lrf lrf  •  20/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 608

Estase constatando a proliferación de valos publicitarios nas rúas da cidade, proponse reducir a súa presenza nesta zona e sustituilos por xardíns verticais nas zonas nas que isto sexa posible, no cruzamento con Linares Rivas e Primo de Rivera, Juan Flórez, etc.

Conseguirase unha doble función mellorar as condicións medioambientais desa zona e reducir o impacto visual dos valos no tráfico.

Localización: VIADUCTOS ALFONSO MOLINA

Informe de custo

Para a valoración global desta proposta, que se estima VIABLE, efectuáronse as seguintes estimacións: "Tras a valoración das zonas propostas, a realización de xardíns verticais viables podería levarse a efecto (previo análise pormenorizado das diferentes zonas) en Juan Flórez, na súa zona de contacto coa Praza de Labaca, e Alfonso Molina, na súa zona de contacto co porto. A intervención permitiría reducir o impacto das infraestruturas de transporte e optimizar os beneficios que xera a naturalización urbana. No obstante, a determinación do alcance desta actuación require dun análise mais pormenorizado e da realización dun proxecto. Por iso e dado o carácter xenérico da proposta prevese un orzamento máximo de 50000, cuxo prezo final haberá que concretar unha vez determinado o alcance concreto do proxecto". Agradecemos a túa colaboración neste programa de Orzamentos participativos e esperamos contar coas túas achegas nas vindeiras edicións deste programa.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • nacho1100

    Gustame esta proposta pois esta moi en linea coa humanizacion urbabna que se leva a cabo nas cidades europeas, os xardins verticais son unha moi factible e ademis economica maneira de oxixenar o espazo urbano. ademias de cosmetica, e unha actuacion intelixente. Eu complementariaa nesta ubicacion con unha rexeneracion dese espazo usado para parking. deberia ser unha zona para aparcadoiro de bicis. e para a reorganizacion do trafico dos buses urbans. un punto central no que poder coller a liña q t interese, .

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • fernando-pi

      Moi boa.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos