Volver

Barrio das Flores: Instalación rampas de accesibilidade nas vivendas de INDUCOSA

carocampos carocampos  •  19/05/2017  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 582

Quero dar voz aos milleiros de persoas maiores illadas nas suas casas e non son quen de participar neste proceso ó non poder sair das suas casas e non manexar as TIC.

Hai anos no barrio das flores fixeronse melloras na accesibilidade, foron intervencións sen continuidade e perpetuouse a dificultade para sair da casa e moitas persoas tiveron que mudar a unha residencia para sair ó aire.

Os veciños están a instalar ascensores nas vivendas e demandan o apoio do concello na mellora da accesibilidade entre rúas, prazas e viviendas para o millor aproveitamento dos espazos común privilexiados con que conta o barrio.

Non hai rampas nas rúas Rosas, Margaridas, Hortensias, nas rúas Lirios e Camelias non se fixo a comunicación do pasillo comercial e das vivendas coa Rúa Lirios pola que acceden os vehículos e os servizos.

Propoñemos un plan plurianual que mude en poucos anos esta situación de illamento.

Localización: Barrio das Flores (Rúas Camelias, Lirios, Rosas, Margaridas, Hortensias e Azucenas)

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é inviable por superar o importe de 1.000.000 euros. Non obstante, se lle informa que o concello ten posto en marcha diversos proxectos de mellora da accesibilidade nas rúas e nos espazos públicos da cidade. Xa se executaron obras nos Distritos 1 a 4, e tamén algunas actuacións concretas neste Distrito 7 tal e como explica na súa proposta. Poderá estudarse polo Servizo de Infraestruturas a redación dun proxecto concreto de mellora da accesibilidade neste barrio das Flores. Segundo visita realizada polos técnicos municipais do Servizo de Rehabilitación, poderían levarse a cabo diversas actuacións concretas adaptando os accesos peonís á normativa vixente, dando resposta aos problemas concretos indicados na proposta e tamén a outros similares noutros bloques. Ademáis da accesibilidade, tamén sería desexable facer intervencións de mellora dos pavimentos dos espazos públicos. A concellería de Rexeneración Urbana tén previsto realizar un estudo previo para valorar a posibilidade de declarar o ámbito do barrio das Flores como área de rexeneración e renovación urbana ou similar, que supoña a realización de actuacións de rehabilitación nas edificacións privadas e melloras na súa accesibilidade, e urbanización de espazos públicos, con acceso a subvencións e axudas públicas pola veciñanza." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pumukyto@gmail.com

    CALLE MARGARITAS SIN RAMPA DESPUES DE ESTAR APROBADA EN LAPROPAGANDA DE LAS ELECIONES

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • pumukyto@gmail.com

      RAMPA EN CALLE MARGARITAS POR FAVORRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • pumukyto@gmail.com

        EN 2011 SE REUNIERON 1500 FIRMAS SE LLEVARON AL AYUNTAMIENTO PARA RAMPA DE ACCESO A CALLE MARGARITAS Y NO HAY TODAVIA

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        • pumukyto@gmail.com

          PORFAVORRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR UNA RAMPA DE ACCESO A LAS VIVIENDAS EN CALLE MARGARITAS

          1 voto  | 
          1
          0
          Sen respostas
          • pumukyto@gmail.com

            NECESITAMOS RAMPA DE ACCESO A CALLE MARGARITAS YA SE PIDIO EN 2011 SE APROBO PARA LAS ELECCIONES YYYYYYYYYYYYYYYYSEGUIMOS ESPERANDO

            1 voto  | 
            1
            0
            Sen respostas
            • pvbf

              Dende a Plataforma Veciñal do BArrio das Flores amosamos o noso apoio a esta proposta, que tiñamos pensado presentar xunto coas da Pista Polideportiva e o Parque Biosaludable. Dende a nosa creación a accesibilidade no espacio público do barrio é as viviendas foi a nosa máxima preocupación, e por iso viñemos reclamando continuamente estas melloras. Por iso declinamos repetila uníndonos á deste veciño/a en particular.

              1 voto  | 
              1
              0
              2 respostas (ver) 2 respostas (contraer)
              • carocampos
                carocampos  •  Autor  •  19/05/2017 18:52:20

                Moitas grazas, dada a data e a proximidade do remate de prazo fixen unha proposta que considero da máxima urxencia xa que a demora está tendo consecuencias irreversibles día a día. Agradezo o apoio á mesma xa que é unha necesidade de toda a veciñanza.

                1 voto  | 
                1
                0
                Sen respostas
                • pepecampos

                  Eu tamén apoio esta proposta, e lamentable o estado de abandono do noso barrio en tódolos sentidos. Sólo falta que se acorden do barrio unha semana antes das eleccións, como fixeron os anteriores gobernos municipais e sólo para pedilos votos

                  Ningún voto  | 
                  0
                  0
                  Sen respostas
                Non hai fitos definidos