Volver

Recuperación do lavadoiro publico de Cances e do seu entorno

beatrizgomez beatrizgomez  •  18/05/2017  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 534

É un lavadorio municipal que perde auga por ter un sumidoiro pequeno, ademais haberia que sacar o tellado de uralita e repoñer un nov o de tella. A recuperacion do lavadorio e do entorno implica a limpeza do camniño que vai desde fonte de cances ao lavadoiro e da maleza ue rodea ao lavadoiro, un espazo de encontro para persoas ao redor do con bancos e  un espazo de xogo para crianzas.

Localización: A Silva e Cances

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O lavadoiro atópase incluido dentro dun ámbito de desenvolvemento urbanístico conxunto, o POL L27, de xeito que para calquea actuación no seu contorno, mais aló das de conservación e mantemento, é necesario ter aprobados os instrumentos urbanísticos de deben regular dito desenvolvemento. Nestas circunstancias poderían acometerse as obras solicitadas sobre o propio elemento, de reparación e mellora, xa que ao tratarse dun elemento catalogado a súa conservación está garantida; pola contra, a reforma do seu contorno inmediato requiriría do desenvolvemento do proxecto de urbanización do polígono. O prazo necesario para esa aprobación excede do que permitiría incluir o investimento solicitado nos orzamentos do ano 2018." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • beatrizgomez
    beatrizgomez  •  Autor  •  06/06/2017 18:10:45

    A día de hoxe fican dous lavadoiros na cidade, un no lugr da Moura, na Avda de Fisterra, en perigo de desaparición; e este lavadoiro , o Río de Cances, cecais máis antigo e cun moi bó manancial de auga. Lugar moi bó para usar a auga para hortas urbás

    3 votos  | 
    3
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos