Volver

"A CASA DO CÓMIC"

gonzalonovo@edu.xunta.es gonzalonovo@edu.xunta.es  •  17/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 489

Dispoñer dun lugar propio e axeitado coma museo ou exposición permanente sobre a temática do cómic, aproveitando tanto a traxectoria museística da cidade como a experiencia consolidada de "Viñetas desde o Atlántico". Trátase de darlle continuidade a esta iniciativa, abordando e divulgando os inicios, desenvolvemento, correntes, e figuras salientables da banda deseñada na actualidade, con especial atención ao caso galego e á actividade no Estado. Sería tamén  unha oportunidade de achegar aos máis novos e crear afición e canteira, deseñando as actividades e obradoiros correspondentes. Sería unha iniciativa bastante novedosa en España, pois só podemos atopar algo semellante en Barcelona, Madrid e Burgos. 

Informe de custo

A túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O custo de creación dun museo ou Casa do Cómic non pode establecerse de forma unívoca, dado que é proporcional ao grao de ambición co que se defina o proxecto e está condicionado polo feito de que se opte por un edificio de nova construción ou pola adaptación dun espazo prexistente. Dado que a construción dun edificio singular implicaría necesariamente un custo superior ao límite de investimento establecido, óptase pola segunda alternativa –a adaptación dun espazo prexistente- a efectos da valoración económica da proposta. En calquera caso, dado que non se determina de antemán cal será o centro municipal no que se situará a sede da Casa do Cómic, nin a superficie que ocupará, nin o plan de usos, o cálculo dos custos debe interpretarse como unha proxección aproximada. A partir dos parámetros anteriores, establécese un custo estimado de 400.000 euros, dos que 120.000 corresponderían á obra civil, 105.000 á iluminación, soportes, vitrinas e outro mobiliario, 75.000 á maquetación, impresión e elaboración de paneis divulgativos, 75.000 a equipos audiovisuais e multimedia –incluído software- e 25.000 a outros conceptos." Agradecemos a túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar o vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos