Volver

Mellora contorna e accesibilidade Mercado de San Agustín e peonalización parcial

slamelov slamelov  •  15/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 442

O Mercado de San Agustín é un lugar emblemático, pero a mobilidade da contorna é desastrosa, especialmente para a mobilidade peonil, non hai máis que ver se queres ir pola rúa San Agustín e cando chegas á Praza do Humor non sabes por onde ir entre coches, taxis... e logo o caos de aparcamento que afea toda a contorna. A miña proposta é a de peonalizar desde San Andrés - Cordonería, e deixar acceso ao mercado só para Carga e Descarga con espazo abondo para a actividade do mercado, residentes con garaxe, mobilidade reducida, etc. E deixar acceso pola costa de San Agustín - Xoan XXIII e saída de Vehículos por San Agustín e sen aparcadoiros na contorna do mercado, deixando só espazo para carga descarga e unindo dalgún xeito a rúa San Agustín polo tramo da Praza do Humor.

Localización: Mercado de San Agustínq

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Proponse a reurbanización da rúa Pio XII, mediante a demolición completa da rúa desde os soportais dos edificios da zona (non se inclúe a actuación baixo os soportais dos edificios ao ser propiedade privada) ata a fachada do Mercado de San Agustín. Coa demolición total da rúa existente, incluída a beirarrúa ata fachada, aproveitarase para a execución de novas acometidas de pluviais, canalización eléctrica para soterramento de liñas aéreas e outros servizos municipais. Dado que non se restrinxe o tráfico de vehículos pesados, o pavimento escollido para a urbanización é de laxas de granito de 15 cm de espesor asentados sobre subbase de zahorra e laxa de formigón con morteiro de nivelación. Proponse noutras actuacións diferentes fases de restricións de tráfico para a paulatina conversión a zona peonil da rúa Póo XII. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución dun novo pavimento de laxas de granito, instalación dunha nova rede de pluviais, novos sumidoiros, canalizacións eléctricas, iluminación e mobiliario urbano. A valoración da actuación completa na rúa Pio XII é de 980.210€ IVE incluído". Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • myriamgoluboff@gmail.com

    Es deseable rehabilitar desde el punto de vista del tráfico toda la zona, quizás también quitar las aceras y dejar Pontejos y la zona de alrededor del mercado toda a un nivel como en la estrecha de San Andrés o la solución que mejor resuelva el problema.

    3 votos  | 
    3
    0
    Sen respostas
    • ferseoanelopez@hotmail.com

      Esta proposta da se está a executar polo con ello con plan presentado a fináis de agosto. Por tanto, E ainda que é unha boa proposta para a cidade, xa non ten sentido votala neste proceso

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • slamelov
        slamelov  •  Autor  •  09/09/2017 17:42:37

        Xa, pero cando a fixen non sabía que ía sair. É do 15 de maio

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      Non hai fitos definidos