Código proposta de investimento: 368
REcuperación da CAsa Encantada de Feáns (Correlos) para facer unha dotación cultural, un museo do labrego ou similar
Localización: entre o ccm cívico de Feáns e o Novo MEsoiro
Proposta en nome de: Asociación de Veciños O Freixo
Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A edificación sitúase dentro dun ambito cualificado coma Espazo Libre polo PXOM, e para rehabilitar a construción para acoller os usos propostos sería necesaria a modificación do PXOM, cualificando a propia construción coma equipamento público. O prazo necesario para tramitar dita modificación do PXOM impediría planificar o investimento da rehabilitación do edificio no orzamento do ano 2018." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.
Máis votados