Volver

MELLORA DA ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES

asociacionparkinsongaliciacoruna asociacionparkinsongaliciacoruna  •  11/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 353

A ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES CONDICIONA O ACCESO ÁS PERSOAS CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE A DETERMINADAS ENTIDADES UBICADAS NA MESMA. SERÍA IMPRESCINDIBLE QUE SE ACONDICIONASE E SE SALVASEN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS, CONCRETAMENTE AS ESCALEIRAS, O CHAN É ESBARADIZO SE ESTÁ MOLLADO. CONCRETAMENTE O ACCESO Á ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA, UBICADA NA RÚA JAZMINES BLOQUE 50, É MOI DIFICULTOSO PARA GRANDE PARTE DOS NOSOS USUARIOS/AS, NON SE PODE CHEGAR AO MESMO EN VEHÍCULO ADAPTADO.

 

 

 

Localización: RÚA JAZMINES BLOQUE 50, LOCAIS 134-137, BARRIO DAS FLORES.

Proposta en nome de: ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é viable aínda que supera o importe de 200.000 euros e convertése nunha proposta de cidade. É viable xa que o concello ten posto en marcha diversos proxectos de mellora da accesibilidade nas rúas e nos espazos públicos da cidade. Xa se executaron obras nos Distritos 1 a 4, e tamén algunhas actuacións concretas neste Distrito 7. Deberá estudarse polo Servizo de Infraestruturas a redación dun proxecto concreto de mellora da accesibilidade neste barrio das Flores. Segundo visita realizada polos técnicos municipais do Servizo de Rehabilitación, podería buscarse unha solución para algún dos problemas concretos expostos na proposta; non obstante, no acceso con vehículo adaptado ao edificio da Asociación Parkinson Galicia-Coruña non se pode mellorar a accesibilidade desde a rúa Gardenias, aínda que sí sería desexable facer unha intervención de mellora do pavimento do mesmo; unha posible solución sería facer unha intervención privada no edificio desde o aparcadoiro máis próximo sito na rúa Azahar. Co tema da esvaradicidade deberán facerse probas e, de resultar positivas, poderá acometerse unha actuación que subsane esta incidencia. A concellería de Rexeneración Urbana ten previsto realizar un estudo previo para valorar a posibilidade de declarar o ámbito do barrio das Flores como área de rexeneración e renovación urbana ou similar, que supoña a realización de actuacións de rehabilitación nas edificacións privadas e melloras na súa accesibilidade, e urbanización de espazos públicos, con acceso a subvencións e axudas públicas pola veciñanza". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • amir

    É imprescindible unha reforma integral dos accesos e mobilidade no interior do Barrio das Flores, exemplo único de urbanización na cidade e que a día de hoxe, 50 anos despois de acoller aos primeiros veciños, os seus residentes son principalmente persoas maiores que atopan enormes atrancos para levar a cabo o seu día a día. Ramplas de acceso aos bloques, ascensores ou escaleiras mecánicas, camiños e rutas ben pavimentadas son necesarias non só para a mobilidade interior senón tamén para comunicar cos servizos de uso social fóra do barrio (por exemplo, SUPRESIÓN das escaleiras que comunican Camilo José Cela co mercado de Elviña, entre os colexios María Pita e Ramón de la Sagra e entre este e o bloque de vivendas ao final da avenida e substitución por ramplas), igualmente co Centro de Saúde de Matogrande, que queda completamente illado do contorno do barrio. Asimesmo, a subida ata Avda. Monelos dende o interior do barrio tamén é dificultosa a pesares de ter xa algún camiño accesible

    6 votos  | 
    6
    0
    Sen respostas
    • dindona

      Mentres noutros barrios fóronse mellorando as infraestructuras, o Barrio das Flores foi quedando presuposto tras presuposto e corporación municipal tras corporación, prácticamente igual que no ano 1967, ano da súa inauguración. De feito quitando algunhas rampas que fixeron os alumnos dunha escola taller de albañilería nos anos 90 en tempos de Fco. Vázquez o barrio está prácticamente igual, o pavimento dende a calle jazmines, bloque 50 en adiante é o mesmo do ano 1967, pavimento de pizarra, que no inverno énchese de charcos e verdín, as escaleiras da área central están separadas por grietas unhas das outras, e moi necesario facer rampas accesibles, a zona da praza dos pinos FONTE DA CUCA, emblema do barrio, que quedou do antigo CAMPO DE OZA, está rodeada de escaleiras angunhas de casi 40cmts de alto, absolutamente impracticables. en fin, o Barrio das Flores necesita unha reforma integral dunha vez por todas para poder ser un barrio accesible do século XXI.

      2 votos  | 
      2
      0
      Sen respostas
      • 1983

        Considero que este tipo de propostas de mellora da accesibilidade para persoas de mobilidade reducida non deberia ter que ser proposta nin votada polos coruñeses, senon que deberia promoverse dende o propio concello.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        • marcospardinhas

          Levo desde o ano 2003 vivindo no Barrio das Flores, dende este ano, o unico avance que se fixo foi na miña rúa (claveles do bloque 56), foi o plan E, das aceras que saen hacia a rua interior, en 15 anos que levo eu solo se fixeron esas aceras, o resto do barrio das flores esta abandonado, actualmente estudo IOP, fai falta mellora de pavimentos retirando a pizarra existente, e sustituindoa por plaqueta dos nosos tempos, adoquines de cando se creou o barrio das flores fai falta retiralos e facer unha distribución máis amena do asfaltado das carreteras así como unha mellora da distribución dos xardins....por algo se chama barrio das flores, as escaleiras que conectan ronda camilo jose cela con salvador madariaga que se encadran entre as duas escolas se presentan en total abandono, sen rampas e adoquines levantados sen contar o verdin que existe en ambos lados do muro. Mellora de saneamiento, debido aos continuos entaponamentos, así como as haberías sufridas de abastecemento.

          1 voto  | 
          1
          0
          Sen respostas
          Non hai fitos definidos