Volver

Mellorar a seguridade dos motoristas. Eliminar pintura do chan

dvarvia dvarvia  •  08/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 261

Eliminar pintura dos pasos de cebra, así como de calqueira sinal horizontal situada en curvas. Hai infinidade de casos nas nosas rúas onde a seguridade do motorista vese comprometida. No paseo marítimo por exem., non hai curva sin pintura no chan, con flechas innecesarias pois é de sentido único e separada por jardinera co outro carril. Mención aparte merecen os pasos de cebra que en canto caen catro gotas convirtense en moi perigosos. Non compre colocar no lugar pintura negra, hay que rañar o chan e eliminar a existente por completo. Tamen compre no caso dos pasos de cebra, colocar con sentido común a parte sen pintura, pois no final da avda de hercules hai un que obriga as motos a pasar pegados o outro caril, en vez de polo interior da curva, como é natural. Esta maniobra é perigosa porque nese punto os autobuses invaden o carrril contrario para dar a curva

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta, mais é inviable dentro deste programa porque eliminar a pintura do solo non supón un gasto de investimento. En calquera caso, todas as propostas que se presentan son coñecidas polos distintos servizos do Concello para tomalas en consideración.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • dvarvia
    dvarvia  •  Autor  •  19/05/2017 16:05:22

    Pero como que inviable? Gañas de facer as cousas é o que vos falta. Esto necesita un plan de investimento, claro que sí, de quitar a pintura e non volver a pintar os pasos de cebra.

    1 voto  | 
    1
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • aleixo_varela

      Con esta xente non hai nada que facer, eu xa o teño asumido. Fume e circo.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • aleixo_varela

      A seguridade dos motoristas en Coruña está gravemente comprometida, non só polo tema da sinalización horizontal pintada no chan, senón principalmente polo mal estado do firme en moitas das rúas da cidade. Por poñer só dous exemplos, circular pola Ronda de Outeiro ou por riba dos raís do tranvía é xogarse o físico. A ninguén lle importa isto...ata que teñamos unha desgracia.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • dvarvia
        dvarvia  •  Autor  •  09/05/2017 13:24:15

        O tema dos baches estou totalmente dacordo, pero considero, igual que ti, que o puxeches como comentario noutra proposta, que non debería ter que poñerse como proposta de presupostos participativos, senon que debería darse por descontado, un mantemento decente das nosas rúas. Respecto os rais do tranvía creo que deberían eliminarse se non se lles vai dar uso, ainda que preferíria ver de novo os tranvías polo paseo. Gracias se decides apoiar a miña proposta.

        1 voto  | 
        1
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    Non hai fitos definidos