Volver

Paneis de comunicación de actividades

platas-seixas platas-seixas  •  05/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 209

Propoño a creación de paneis de comunicación de actividades non electorais nin empresariais nas vías públicas, preferentemente nas grandes zonas (prazas, parques e beirarrúas grandes).

Localización: Prazas, parques e beirarrúas grandes.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • javi

    Es buena idea, que anuncien las actividades de centros cívicos, bibliotecas, fiestas, conciertos, cultura, etc

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • platas-seixas
      platas-seixas  •  Autor  •  07/05/2017 19:47:25

      Graciñas. Actualmente depéndese moito da benevolencia das persoas propietarias de espazos privados e ademais gañaríase moito máis en limpeza.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • aleixo_varela

      É unha boa proposta. Agora mesmo certas informacións como por exemplo a situación de punto limpo móbil que recorre os barrios, faise pegando papeis en colectores de lixo e fachadas de propiedade privada, cousa que dende logo non ten ningún sentido nin xustificación. Avisos aínda máis esenciais como cortes de tráfico, tampouco se advirten nos barrios.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • platas-seixas
        platas-seixas  •  Autor  •  09/05/2017 20:02:52

        Ou obras en rúas. Xa existe noutros concellos. Habería que regulalo para non se encha de papeis ou uns tapen ós outros.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      • platas-seixas
        platas-seixas  •  Autor  •  15/06/2017 10:34:33

        Graciñas a todas e a todos polos vosos votos. Un saudiño. Carlos.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos