Volver

Rede de saneamento. Medida URXENTE

Victor Victor  •  02/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 158

Trátase da separación das auga de pluviais das augas residuais urbanas (ARU). Isto ten a vantaxe de poder aproveitar as augas pluviais e de reducir o volume entrante na EDAR de Bens, facilitando e abaratando os tratamentos de depuración. Levamos xa moito tempo de atraso con esta obra e deberíase realizar canto antes. Conleva un aforro moi importante para o concello e é fundamental nunha cidade sostible.

Informe de custo

A túa proposta foi considerada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Ó tratarse dunha petición xenérica para toda a cidade, valóranse as obras precisas para executar un tramo de saneamento considerando 2m de fondo de escavación e un 50% de rocha. Co importe establecido poderíase executar un tramo duns 410 metros lineais de colector incluíndo pozos e a demolición e reposición do firme." Agradecemos a túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • beatrizgomez

    Haberá xa que conquerir que toda a cidade teña servizo de alcantarillado.
    No lugar de Cances hai varias vivendas que carecen de tan elemental servizo, amàis de no lugar de A Silva ten moitas carencias o mesmo a servizo

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos