Volver

BiciCoruña con paradas diante de todos os complexos deportivos da cidade

lucia_g lucia_g  •  01/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 145

Unha parada diante de cada complexo deportivo da cidade para facilitar os desplazamentos e facilitar o uso do transporte sostible en bicicleta. (Agra, Elviña, Sardiñeira, etc.)

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Tratando de dar acceso mediante un medio de transporte sostible, como é a bicicleta, aos centros deportivos públicos, implantaranse bases do sistema público de préstamo de bicicletas, Bicicoruña, naqueles centros deportivos que non dispoñan dunha base nas súas inmediacións. Os centros deportivos públicos que se localizaron sen unha estación de Bicicoruña próxima son: Cidade Deportiva de Riazor, Complexo Deportivo Agra I, Complexo Deportivo de Elviña e Complexo Deportivo A Sardiñeira. Dado que o prezo dunha nova base de Bicicoruña instalada, incluídas as bicicletas para manter a proporción actual de postos de ancoraxe/bicicletas, é aproximadamente de 35.000,00 €; as CATRO estacións previstas terían un custo de 140.000,00 €.” Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pablosanti

    En el parque de Eirís, junto al campo de fútbol, también se necesita una parada de bicicoruña.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • manu15

      Boa proposta, por engadir, non sei como aínda non existe unha estación no Parque de Santa Margarida (podería situarse na rúa Río Deza, diante da entrada ó parque).

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • abarral

        Buena propuesta, en el centro deportivo de Elviña hace falta una estación de bici-coruña

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        • rene15009

          Engadindo ideas a proposta realizada por lucia_g, poría paradas en zonas como a grela ao longo da avenida finisterre dirección pastoriza por exemplo, onde penso reduciríase o tráfico e os vehículos aparcados moitas veces en 3ª fila.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          • lrf

            Moi boa proposta

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
            Non hai fitos definidos