Volver

Máis árbores na contorna da Praia das Lapas

slamelov slamelov  •  26/04/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 14

A contorna da Praia das Lapas é unha zona de gran valor ecolóxico que necesita protección e melloras. Unha mellora é a de plantar máis árbores e recuperar as que morreron por diversas causas (con especies axeitadas ao lugar). A zona de plantación sería que que vai da Praia ata a rampla que sube á Torre de Hércules, incluíndo a zona que vai desde a rotonda de Breogán ata a "Guitarra", con especial coidado na zona do merendeiro das Lapas.

A maiores da plantación de árbores é necesaria unha limpeza e mellora da canalización do regato.

Localización: Contorna Praia das Lapas

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Non hai impedimento técnico para a súa realización. Os prezos unitarios para a plantación de arborado en zona verde con rego sitúase entre os 500 a 700 euros unidade. Non obstante, a actuación indicada estaría condicionada pola obtención das oportunas autorizacións das administracións competentes (Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dirección Xeral de Patrimonio, ICOMOS da UNESCO, etc.)." Agradecemos a túa participación nos orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.

Non hai fitos definidos