Código proposta de investimento: 127
Creación dun organismo de caracter internacional, que promocione a cidade mundo diante. Un grupo de persoas cualificadas, que capten empresas, que lles mostren a nosa cidade, que crean beneficios para os que aposten por instalarse, mostrar as infraestructuras que temos e facilitar o proceso de instalación. Facer un "welcome pack" que facilite a entrada de novas compañías. Mostrar os pros de instalarse en A Coruña. Facer un arquivo municipal que albergue todos os inmobles en aluguer e venda. Sendo obligatorio a actualización constante deste arquivo por parte das inmobiliarias. Oficinas, locais, naves, apartamentos, edificios e terreos, xestionados por diversas inmobiliarias, todas baixo una mesma web municipal. As xestións se levarían a cabo por parte da inmobiliaria e sería unha das novas ferramentas a empregar polo organismo de promoción internacional.
Agradecemos a túa colaboración nos Orzamentos Participativos pero a túa proposta é inviable pois a creación dun servizo non está catalogada como gasto de investimento.
Máis votados