Código proposta de investimento: 123
Esta proposta busca a eliminación da barreira visual que supón o viaducto de Alfonso Molina sobre a Ronda de Nelle, facendo una reorganización do tráfico dende a Praza Madrid até Fernandez Latorre.
Na praza Madrid contaríamos cunha nova glorieta que de a opción de redirixir o tráfico, quitándolle ese peso a Catro Camiños e uniría dúas zoas actualmente separadas, ademáis de ser un freo de velocidade considerábel.
Eliminaríamos o viaducto, creando unha nova rúa, de dous carrís por sentido, con prazas de aparcadoiro e espazo pra implantación do carril bus.
Humanizaríamos o entorno, prolongando a zona verde, até a Igrexa de San Pedro de Mezonzo.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.
Sería un cambio brutal para mejor.