Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

Localización da inversión (zona de Santa Xema)

REFORMA E HUMANIZACIÓN DA ESTRADA SANTUARIO DE SANTA XEMA E RÚA LÓPEZ CASANEGRA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a reforma da vía e humanización de ambas vías, a estrada Santuario de Santa Xema e o final da rúa López Casanegra, en ambos sentidos dende a glorieta de Santa Xema. Na dita humanización debería contemplarse a renovación do asfaltado necesario neses tramos, dotación dunha mellora no mobiliario urbano e melloras orientadas a mobilidade peonil, así como outras medidas complementarias as mesmas que permitan a mellora do espacio público da zona. 

150.000 €
Parada de buses en Palavea. Unha das paradas para as que se solicita a inversión

INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS ELECTRÓNICOS NAS PARADAS DOS BUSES URBANO

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a inversión na instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos nas zonas de Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe (liñas 20, 22 e 1A) para facilitar a información sobre os horarios das paradas e os tempos de chegada (número de liña, destino e tempos de chegada) facilitando a visibilidade e a información para os usuarios que non empreguen aplicación móbiles.

149.900 €
Localización e dirección dalgúns puntos onde se sollicita a inversión

REFORMA E HUMANIZACIÓN DAS RÚAS E VÍAS DE PALAVEA CARA A ZONA DE FONTAÍÑA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a inversión na renovación e mellora da pavimentación e humanización das vías sitas en Palavea e zona do Laranxeiro cara a zona de Fontaíña incluindo esta. Atenderase a prioridade das que estén máis danadas cubrindo a maior área posible para a que se solicita a inversión.

150.000 €
Espacio proposto para a realización da inversión

CREACIÓN DUNHA ZONA DE OCIO E RECREO (ÁREA DE ESPAREXEMENTO) EN PALAVEA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a creación dunha zona de ocio e recreo (área de esparexemento) na contorna dos grupos de vivendas Santa Cristina (Palavea). A proposta é estudar un tipo de intervención branda que poida ser compatible co espazo dispoñible e con diferentes usos, permitindo uns bancos e área de descanso e algún espacio de ocio deportivo complementario (deportes urbanos, calistenia, etc.) como equipamento deportivo exterior.

150.000 €
CarrilPeatonal

Camiño seguro o colexio

12/09/2022  •  MCP  •  Distrito 8

Facer un carril peatonal na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nueva York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura.

70.000 €