Código proposta de investimento: 4281
Na cidade da Coruña existen múltiples fontes que non estan en funcionamento coa excusa do Covid.
Para mellorar a sostenibilidade evitando o uso do plástico, e máis para dar un servizo básico para a cidadania, deben habilitarse estas fontes para beber, e máis incorporar algunha nova.
Instalaranse novas fontes nas grandes superficies como son o Paseo Marítimo, os parques da cidade, etc., ata o límite de orzamento das propostas xenéricas de cidade.
Debería haber un contacto máis directo coa cidadanía e coas asociacións de veciños. Na páxina web do concello pódense facer suxerencias, mais xamais responden. Por esta razón, a maioría de propostas dos orzamentos participativos sirven para recordar ao concello o que xa debería facer e non tanto para propoñer novos investimentos...