Volver

SERVIZOS BÁSICOS PARA O CENTRO CÍVICO DE CASTRO

Castrexa_de_Elviña Castrexa_de_Elviña  •  26/09/2022  •  Distrito 9  • 

fotos
fotos

Código proposta de investimento: 4265

O Centro Cívico de Castro serve como lugar de encontro para xente da zona de Castro de Elviña, de Elviña e doutros lugares próximos.  

O paso dos anos está facendo estragos e xa ten necesidades para lograr ser un punto de reunión para a veciñanza.

Mentres se están investindo cantidades enormes de diñeiro en coñecer o pasado da xente de Castro de Elviña, non se está investindo no seu presente. 

É preciso dotar o Centro Cívico de Castro de servizos básicos, como conexión a internet, un ordenador para facilitar trámites dixitais para a veciñanza, unha máquina dispensadora de bebidas para as persoas usuarias e tamén unha man de pintura para o Centro.  

Proposta en nome de: AVV "Os Rexumeiros" de Elviña Castro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos