Volver

Panéis informativos en Eirís: Facilitar a participación no rural /non urbanizado

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

Paneis
Paneis

Código proposta de investimento: 4260

Nestes tempos parece moitas veces que internet é a solución a todo. Para acceder a servizos, a información, a participar...

Pero non podemos esquecer que nin toda a sociedade ten acceso a internet, nin se manexa nas redes. E menos nun barrio coma Eirís, onde viven moitas persoas maiores, moitas veces soas, e onde en moitas vivendas non nos queren poñer Fibra óptica e a conexión a internet é dunha calidade pésima. 

Isto fai que moitas veces haia xente que queda fora dese circuito cultural, sociocultural, de ocio, social, pedagóxico... 

No caso de Eirís, o Centro Cívico está ubicado na Canteira de Eirís, e tampouco é un sitio de paso para a maior parte do barrio. 

Por isto, e para facilitar o acceso á información do que alí pode acontecer, así como de actividades culturáis, asembleas veciñáis, etc...  para favorecer a participación e a interacción co resto da veciñanza, solicitamos a instalación de 3 panéis informativos nas zonas máis alonxadas do Centro Cívico. 

 

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos