Volver

Parque Infantil + Zona Biosaudable no alto de Eirís e Xuxán

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

biosaudable
biosaudable

Código proposta de investimento: 4255

Dende o Parque que hai sobre o túnel de Eirís ata Fonteculler non atopamos ningunha zona biosaudable, con aparellos para facer ximnasia ó aire libre en calquera momento. E case ocorre o mesmo cos parques infantís. Esta zona máis rural ten moitas cousas pendentes, estas 2 son parte delas.

Tanto pola idade da poboación (persoas maiores, moitas veces con nenos e nenas ó seu cargo durnte o día) como por ser unha zona que escolle moita xente para pasear, consideramos que debera haber unha zona destas características no alto de Eirís.

A localización deixámola a elección do Concello, sempre e cando cubra a zona na que se carece do servizo.

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos