Volver

Sentidiño se escolles este camiño

Grumi Grumi  •  26/09/2022  •  Distrito 3  • 

Sentidiño se escolles este camiño
Sentidiño se escolles este camiño

Código proposta de investimento: 4249

Se pretendes atravesar na Praza de Pontevedra dende o nº 10 cara o quiosco, poida que se levas un carriño ou vas en cadeira de rodas, leves un susto tremendo. Se o cruce é á inversa, o resultado pode ser que acabes no chan. A beirarrua da parte do nº 10 parece que está rebaixada no semáforo pero... NON! É unha ilusiòn! A ilusión dos que levamos un bo tempo esperando que fagan algo para solucionar tamaño despropósito.

Proposta en nome de: GRUMICO. GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • choiva

    Esta proposta probablemente teña un custo irrisorio... Aínda que non saia nos presupostos deberían facelo por decencia.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos