Volver

Estreitamento da calzada en favor do peón

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 4109

Son moitas as rúas na nosa cidade na que se conta con un ancho de calzada excesivo (en ocasións dá ata a impresión de que se trata de dous carrís de circulación en lugar de un), mentres que a beirarrúa non conta co mínimo que garanta a accesibilidade. Algúns exemplos son os seguintes: rúa Aaiún, rúa Vizcaya, Avenida Peruleiro ou Arquitecto Rey Pedreira. Dende Mobi-liza cremos que estas rúas teñen que ser reordenadas de forma que se gañe espazo para o peón e vexetación, ao tempo que se deixa un ancho razoable para a calzada.

Concretamente, propoñemos unha redistribución do espazo na rúa Nuestra Señora de la Luz, dende o seu cruce con Rúa Alberto Datas Panero e a súa confluencia con Rolda Outeiro. Esta actuación suporía o aumento do ancho das beirarrúas, a colocación de arboreda en alomenos unha das beirarrúas (tratándose dun barrio, ademais, con escasas zonas verdes e vexetación) e o estreitamento da calzada de forma que deixe de estar sobredimensionada.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ClaraVidal

    Esta proposta está no distrito equivocado.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos