Volver

Semáforos máis amigables para o peón na rotonda da Pasaxe.

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Semáforos amigables para o peón
Semáforos amigables para o peón

Código proposta de investimento: 4093

Os semáforos existentes na rotonda da Pasaxe son totalmente prexudiciais para o peón, en tanto que tardan infinitamente en poñerse en verde pese a ser solicitados. En Mobi-liza non somos nada partidarias da presenza de semáforos que deban ser solicitados polo peón (pois deberian ser solicitados polos coches, mentres que o peón debe ser a principal prioridade); pero xa de existir, cremos que deben ser practicamente instatáneos. Polo tanto, propoñemos que na rotonda da pasaxe sexan colocados uns semáforos como os existentes en Salgado Torres (á altura da parada Salgado Torres-Túnel) por dous motivos: non son de pulsar, senón de pasar a man por diante; e son practicamente instantáneos.

Localización: Rotonda da Pasaxe

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos