Volver

Humanización da rúa Montes

psexto psexto  •  23/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 4078

humanización da rúa Montes, polo menos no seu tramo inicial no cruzamento coa rúa Montiño ata o limite do API Q28. Na actualidade, a rúa conta con tramos de beirarrúa estreitas ou directamente inexistentes, con coches que aparcan en ocasións directamente encima de de elas dificultando o paso de persoas maiores, cadeiras de rodas e carriños de bebé. Ademais é unha rúa moi empregada polos estudantes do IES Monelos, e non é raro ver coches a gran velocidade pasando por ahi. A idea sería dar continuidade aos traballos realizados na contigua rúa Montiño hai uns anos, que desgraciadamente non se estenderon. Esta actuación poderíase estender á travesia de Montiño, creando xa unha rúa semipeonil digna que discorra desde a Mercé ata o API Q28 e coa posibilidade de enlazar co parque de Oza e Monelos.

Proposta en nome de: asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos