Volver

Creación dun espazo verde no cruce entre a Avenida dos Mallos e a Ronda de Nelle

Marcos Pérez Pena Marcos Pérez Pena  •  21/09/2022  •  Toda a cidade  • 

cruce.JPG
cruce.JPG

Código proposta de investimento: 4028

O inicio da Avenida dos Mallos, no cruce coa Ronda de Nelle, mantén aínda unha estrutura anómala, cunha das calzadas pechada ao tráfico, pero utilizada para o aparcamento irregular. O conxunto do espazo podería reformarse para gañar así un pequeno espazo verde e de socialización nun barrio necesitado de espazos públicos e prazas.

A reforma implicaría a supresión de prazas de aparcamento, a ampliación do espazo verde coa plantación de novas árbores e a colocación dun paso de peóns elevado para conseguir unha limitación da velocidade no tráfico de acceso á Avenida dos Mallos. A reforma melloraría a comunicación entre o barrio dos Mallos e o da Falperra.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos