Volver

Ampliación de beirarrúas na rúa Falperra

Marcos Pérez Pena Marcos Pérez Pena  •  20/09/2022  •  Distrito 4  • 

Estado actual das beirarrúas
Estado actual das beirarrúas

Código proposta de investimento: 3996

Actualmente na rúa Falperra (no treito comprendido entre a Ronda de Nelle e a Rúa Noia) as beirarrúas son estreitas e non chegan ao 1,80 metros de anchura que establece a normativa de accesibilidade. A anchura actual (entre 1,35 e 1,40 metros) dificulta o paso de cadeiras de rodas, carriños de bebe ou simplemente o cruce de dúas persoas. Ademais, en varios puntos a beirarrúa está rota.

Sería necesaria unha renovación completa da beirarrúa, incrementando a súa anchura ata un mínimo de 1,80 metros, eliminando unha das dúas ringleiras de aparcamento, como se fixo na rúa Santander, de anchura semellante.

Localización: Rúa da Falperra

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Usuario eliminado  •  28/09/2022 15:47:59

    Como veciña desta rúa, non podo estar máis dacordo cos proposta. No noso edificio temos unha persoa maior con silla de cadeiras cun grave perigo de caer polo estado das beirarrúas que se comenta na proposta 3996.
    Engadiría que esta parte da rúa Falperra ten deficiencia en alumeado o que dá sensación de inseguridade.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos