Volver

Cubrir canchas e pistas

Jorge Martínez Jorge Martínez  •  17/09/2022  •  Distrito 6  • 

Pistas cubertas ao aire
Pistas cubertas ao aire

Código proposta de investimento: 3924

A proposta sería para cubrir canchas e pistas de deporte. Hai certas pistas deportivas ao aire nas que se podería practicar deporte, por exemplo baloncesto ou fútbol pero non é viable no inverno por estar as pistas molladas. A proposta consiste en poñerlles, ás pistas xa existentes, un teito. Por outra banda, no caso de que ditas pistas estean en malas condicións, renovalas. 

Non ten por qué ser algo demasiado complexo. Cunha búsqueda como "pistas deporte cubertas" pódense ver moitos exemplos do que falo. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Susana97

    Paréceme incrible que nos municipios colindantes existan estes tipos de pistas deportivas cubertas y con redes ó redor, e que en toda a cidade non exista nin a primeira para que os nenos practiquen deporte no seu tempo libre a cuberto. E por pedir, pediría unha rede de voleibol, ou polo menos os postes, xa que non hai nin unha na cidade

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • Jorge Martínez

      Hai que ter en conta que hai xa máis propostas coma esta pola cidade. Aos votos mínimos para o distrito igual non chega pero habería que ter en conta todos os apoios.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    Non hai fitos definidos