Volver

Reasfaltamento da Rúa Agra do Orzán

Jorge Martínez Jorge Martínez  •  17/09/2022  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 3922

Boa noite, 

Para calqueira que vaia co seu carro pola rúa Agra do Orzán, será evidente a necesidade de reacondicionar o asfalto e tal vez poñer un par de espellos máis. A situación da carreteira, a escasa visibilidade e, consecuentemente, a manutención das suspensións e propensión a accidentes, é notabel. 

Por outra banda, esta é unha petición que leva facendo a Asociación de Veciños da Agra xa moito tempo e leva sen concretarse ningunha solución. 

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/5/investments/3200

Un saúdo. 

Localización: Rúa Agra do Orzán

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por existir unha proposta igual ou moi similar con maior número de apoios, que sí poderase votar. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando este proxecto e outras propostas que a cidade e o teu barrio necesitan. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Cinza

    Esta rúa é a que da nome ó barrio, a única rúa que comunica a Ronda de Nelle coa de Outeiro, moi concurrida e empregada, tanto por peóns, coma polo transporte. Non merece estar nestas condicións. O firme non é bo, e as beirarúas están en tan mal estado, e cunha pendiente tan grande, que son bastante comúns os traspés camiñando.

    1 voto  | 
    1
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • Jorge Martínez

      Hai que ter en conta que neste distrito hai xa alomenos 3 propostas coma esta. É importante telas en conta todas como unha soa.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • Jorge Martínez

      Unificar as propostas relacionadas, por favor! Todas son unha mesma proposta. Este ano non vale con dicir que os apoios non chegan.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos