Volver

Reurbanización de Médico Rodriguez con Avenida de Fisterra

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 3  • 

Cruzamento
Cruzamento

Código proposta de investimento: 3864

Trala transformación do aparcadoiro en superficie en Fernando Macías, compre reorganizar este cruzamento cun exceso de carrís de circulación, e illas vexetais non accesibles á poboación.

Proponse xuntar os tres carrís (incluso a opción de manter so 2 dependendo do volume de tráfico) priorizando os xiros e o percorrido recto segundo demanda do tráfico, e a creación de dúas zonas de estancia-verdes nesa grande superficie actualmente adicada ó tráfico, mesmo a modificación dos pasos de peons para facilitar os novos fluxos.

Mobiliario urbán de calidade, vexetación e especies arbóreas melloarían sensiblemente este punto do centro da cidade. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos