Volver

Reconstrucción do Muiño da Gramela dos almacéns municipais no Adolfo Suárez

A. Martínez A. Martínez  •  15/09/2022  •  Distrito 5  • 

Ubicación do muiño con vistas dende toda a cidade
Ubicación do muiño con vistas dende toda a cidade

Código proposta de investimento: 3862

Montaxe e recuperación do muíño desmontado da Gramela no alto do Parque Adolfo Suarez.

Este muíño, igual que o de Santa Margarida, foi desmontado e almacenado hai anos para a súa reconstrucción.

Propuxéronse moitas ubicacións posibles para o mesmo, coma o futuro parque do Meteorolóxico, mais este último pusuirá unha reducida superficie e estará rodeado de edificacións de altura considerable.

Proponse esta nova ubicación por varios motivos:

-Está relativamente preto da ubicación orixinal -Está nun alto despexado e visible dende a meirande parte da cidade, dende onde poderase ver a súa silueta.  -Ubicarase xunto ás futuras hortas do parque Adolfo Suarez, xerando a mesma vinculación que no pasado cos cultivos. -Estará nun entorno no que ningunha outra eficicación restará importancia ou protagonismo a esta magnífica peza do patrimonio histórico da cidade. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos