Volver

Humanización Rúa Universidade

anxo_gz anxo_gz  •  14/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3808

A rúa da Universidade no tramo do ExpoCoruña, conta cunha barreira New-Jersey de formigón, que debería retirarse por unha mediana verde como a que existe na continua rúa Glasgow. Non existen altas velocidades nesa rúa para contar cunha barreira de formigón e poderíanse poñer pasos sobreelevados no caso de querer reducir a velocidade. Quedaría unha rúa máis humana en non dividiría en dúas a rúa como o fai agora.

Localización: Rúa Universidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos