Volver

Reordenación da contorna do estadio de Riazor

maboro maboro  •  13/09/2022  •  Distrito 5  • 

Espacios de actuación
Espacios de actuación

Código proposta de investimento: 3750

Propoño reordenar e renovar os espacios arredor do estadio de Riazor. Deben alargarse as beirarrúas en Manuel Murguía e Av. da Habana. Poderiase reducir un carril en Manuel Murguía e dous carrís na Av. da Habana (rúa que non ten moito tránsito), aproveitando para facer carril bici nas dúas.

Doutra banda, debería peonalizarse a explanada fronte ao Palacio dos Deportes, facendo un espacio verde. As aprox. 110 prazas de aparcamento poderían substituirse reordenando as rúas do entorno tanto en Cidade Xardín coma no barrio de Riazor ou cun aparcadoiro subterráneo.

Para rematar, é necesaria unha recolocación e posta en valor das esculturas e monumentos a deportivistas ilustres arredor do estadio en colaboración co Deportivo, e pensar en facer algunha máis a lendas do clube.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos