Volver

Restauración do curso fluvial do río Mesoiro

maceirax maceirax  •  13/09/2022  •  Distrito 7  • 

Río Mesoiro
Río Mesoiro

Código proposta de investimento: 3749

O río Mesoiro foi unha vítima da especulación urbanística e industrial, véndose literalmente encaixado entre edificios e o seu curso modulado en función da evolución do Polígono de Pocomaco, e finalmente soterrado na súa práctica totalidade, mesmo ao seu paso por unha das últimas paisaxes rurais da cidade da Coruña: o lugar da Cabana.

Desde a Asociación Semente Corunha reivindicamos descubrir o río Mesoiro ao seu paso polo lugar da Cabana e desde a Avenida da Universidade á rúa de Martinete, restaurando ecoloxicamente o seu cauce e habilitando un sendeiro peonil que permita o seu goce pola comunidade veciñal.

Unha cidade que enterra os seus ríos non é unha cidade que pensa no seu Medio Ambiente.

Localización: Río Mesoiro, A Cabana

Proposta en nome de: Asociación Semente Corunha

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • oNeno1991

    Enhorabuena, estupenda propuesta.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • anana

      Yo tb pienso que es buena idea, está hecho un asco con sillas tiradas y rastrojos

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • anxo_gz

        Esta proposta xa a fixen outros anos, pero din que é INVIABLE, posto que os terreos non son de titularidade municipal.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos