Volver

REFORMA E HUMANIZACIÓN DA ESTRADA SANTUARIO DE SANTA XEMA E RÚA LÓPEZ CASANEGRA

Álvaro_AVOsnososlares_Palavea Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  12/09/2022  •  Distrito 8  • 

Localización da inversión (zona de Santa Xema)
Localización da inversión (zona de Santa Xema)

Código proposta de investimento: 3650

Demándase a reforma da vía e humanización de ambas vías, a estrada Santuario de Santa Xema e o final da rúa López Casanegra, en ambos sentidos dende a glorieta de Santa Xema. Na dita humanización debería contemplarse a renovación do asfaltado necesario neses tramos, dotación dunha mellora no mobiliario urbano e melloras orientadas a mobilidade peonil, así como outras medidas complementarias as mesmas que permitan a mellora do espacio público da zona. 

Localización: Zona de Santa Xema. Estrada Santuario Santa Xema e final da rúa Luis López Casanegra

Informe de custo

Para conseguir a humanización desta rúa órzase a creación dun novo paso de peóns, a mellora do mobiliario e na medida do posible a plantación de árbores, así como a renovación de beirarrúas nas zonas de mais tránsito peonil.

Non hai fitos definidos