Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Zonas verdes no Agra Do Orzán

22/09/2021  •  isidrocea  •  Distrito 6

O Agra do Orzán é o barrio máis deshumanizado de toda a cidade, con poucas árbores (e as que se retiran non se volven repoñer, como no cruce de Vila de Negreira con páramo) e ningunha zona verde, a pesar de ter un terreo enorme como o do observatorio e arredores. Quizais non se poida usar todo o terreo, pero seguro que outro moito si que poderá ter uso público.

150.000 €
Exemplo do Paseo San Xoan en Barcelona

HUMANIZACIÓN ZONA AXARDINADA DAS CASAS DE FRANCO NA RONDA DE OUTEIRO

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 6

O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado. A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de San Xoan de Barcelona. Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con  mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación e incrementaría a segregación respecto ó tráfico. 

150.000 €

Baños públicos en parques

25/09/2021  •  lol_fil  •  Distrito 6

Propongo la creación de baños públicos en los parques del Agra del Orzán.

Los parques, son visitados de forma muy asidua por gente mayor o personas con poca movilidad, porque es un espacio cerca de la naturaleza en la que pueden pasar ratos largos sentados. Y es muy necesario que esas personas tengan de forma asequible baños a los que poder acceder sin tener que irse a sus casas.

 

75.000 €

Zona cubierta na plaza das conchiñas

25/09/2021  •  amizar  •  Distrito 6

Na pérgola que hai na plaza sentase moita xente maior e cando chove non se pode usar.

Necesita unha cuberta para a auga

150.000 €