Volver

Carril Bici en toda a cidade

Usuario/a borrado/a  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3598

Pintar o carril bici de vermello en toda a cidade asi como unir os tramos inconexos, darlle mais uniformidade a este e que sexa mais visual

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Proponse a creación dun carril bici exento dos carrís vehiculares tradicionais e anexo pero separado das sendas peonís existentes. A finalidade desta nova infraestrutura é a creación dunhas sendas ou itinerarios seguros para os ciclistas entre zonas residenciais ou núcleos dormitorios da cidade con núcleos de servizos (hospitais. Colexios…) ou centros industriais ou loxísticos con grandes desprazamentos de persoal en horario laboral e precariedade de estacionamento de vehículos. A implantación e trazado do carril bici discorrería desde o cruzamento da rúa Pontedeume (preto de Ronda de Nelle) con Avd de Arteixo, ata o Poligono da Grela (rúa Cesuras) e conexión co carril bici existente na glorieta Eduardo Diz. Este tramo seleccionouse polo seu carácter vertebrador e de formación de rede conectando o principal polígono industrial e comercial da área urbana co centro da cidade. Para o desenvolvemento da vía ciclista implantarase un carril bici unidireccional en ambas as marxes da Avenida de Arteixo conformado por un firme tipo MBC Vermello, eliminando (só onde sexa imprescindible) ou desprazando a liña de aparcamento en cordón existente, liquidando ademais os problemas de circulación nos carrís principais por dobre fila. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía por sentido de 2 – 2,50 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril onde non haxa aparcamento anexo e por unha banda de separación máis ancha cando discorra paralelo á banda de aparcamento para evitar conflitos coa apertura de portas. Devanditos carrís bici serán unhas vías de unico sentido. Axustarase a rede de pluviais mediante sumidoiros fóra da traza de rodadura ciclable segundo a xeometría da via. Nas zonas singulares tipo paradas de bus, realizarase unha adecuación para paso seguro pola parte posterior incluíndo reforzo de sinalización horizontal e vertical.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos