Volver

Proxecto "arboriñas que prantei"

maboro maboro  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3584

A Coruña é unha cidade moi densa con poucos espacios verdes. Por iso, propoño comezar un proxecto para que haxa árbores en TODAS as rúas da Coruña, agás aquelas nas que por motivos históricos ou prácticos non sexa posible.

As árbores, idealmente autóctonas, poderíanse prantar pra separar prazas de aparcadoiro, creando bulevares (por exemplo na Rolda de Outeiro), ou en franxas de céspede nas beirarrúas, creando un espacio separado pra os peatóns, e mitigando a polución dos coches.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos