Volver

Recuperacion do edificio que albergou o antiguo concello de Oza,

psexto psexto  •  30/09/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3365

Na rúa Montes, na parte alta do parque de Oza, existe aínda o edificio que albergou o antiguo concello de Oza, até que este foi absorbido polo concello da Coruña en 1912. O edificio está rodeado doutras antigas edificacións pertencentes ao antigo poboado de Montes. 

Sería interesante, cando menos, a recuperación do antigo edificio, destinándoo a ofrecer algún servizo municipal, centro de día, oficina municipal, etcétera, e servindo ao mesmo tempo de centro de interpretación do antigo concello de Oza, conectándoo co parque inmediato.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A proposta foi revisada e considerada INVIABLE porque forma parte dos terreos da Xunta de Compensación do Polígono do Parque de Oza.

Non hai fitos definidos