Volver

Itinerarios accesibles

PiliAspronaga PiliAspronaga  •  29/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3332

A cidadanía coruñesa utiliza habitualmente itinerarios para desprazarse e acceder aos puntos de interese da nosa cidade.

Son itinerarios de sobra coñecidos pero iso non implica que sexan accesibles, polo que hai moitas persoas que necesitan apoio dunha terceira persoa para facer eses desprazamentos ou incluso hai quenes non o poden facer.

A proposta consiste en identificar estes itinerarios, analizalos, catalogalos e realizar as actuacións necesarias para garantir o seu uso por a todas as persoas.

As actuacións deben ter en conta as recomendacións para a accesibilidade universal atendendo especialmente as necesidades das persoas con mobilidade reducida, discapacidade intelectual ou sensorial e dificultades de comprensión e aprendizaxe.

Proposta en nome de: Aspronaga

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos