Volver

Paxina Web Municipal accesible

EC EC  •  29/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3327

A páxina web do Concello é hoxe por hoxe unha ferramenta moi necesaria para comunicarse coa cidadanía, e para todo tipo de interaccións nos que veciñas e veciños dependemos de distintos departamentos municipais, polo que propoñemos que se rediseñe tanto o aspecto visual como a distribución de contidos para facer unha páxina web máis accesible para toda a cidadanía, especialmente para as persoas con algún tipo de discapacidade cognitiva ou dificultades de comprensión lectora como poden ser os e as nosas maiores.

Esta proposta requeriría un investimento no deseño e adecuación de contidos para facelos de facil lectura e que deste xeito resultasen accesibles a un maior número de poboación. 

Tamén è posible a construcción dunha web paralela que se axeite aos estándares máis altos de accesibilidade 

Podemos ver exemplos nas webs de entidades como COGAMI, a ONCE ou Plena Inclusión 

Proposta en nome de: ASPRONAGA

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos