Volver

Humanización da Av. Universidade.

anxo_gz anxo_gz  •  29/09/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3319

Eliminar a barreira de formigón que separa os carrís de circulación da Av. da Universidade, penso que se podería humanizar cunha mediana verde, que faga continuidade coa Av. Glasgow en lugar da barreira de formigón, posto que esa zona non ten un tráfico tan intenso, nin se producen velocidades tal altas para ter ese muro de formigón que separa o barrio en dous.

Localización: Av. da Universidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • VivirnaCoruña

    Moi boa idea, e necesario humanizar esta zona que está totalmente abandonada polo ayuntamiento.

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • anxo_gz
      anxo_gz  •  Autor  •  08/10/2021 14:44:40

      Grazas, penso que unha mediana verde faría o mesmo efecto que a barreira de formigón, para unha zona de pouco tráfico. E sería máis amable.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • pedrosc

      Eu iría máis lonxe, suprimir un carril de circulación en cada sentido nese tramo mantendo a configuración da Avenida de Glasgow, e engadir árbores ás aceras. É unha recta especialmete desagradable de percorrer a pé faga sol ou chuvia ao estar tan descuberta, e o tráfico desa rúa non parece que xustifique ter catro carrís de circulación.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • pedrosc

        E outra actuación moi necesaria é un paso de cebra na saída da rotonda que sube cara a Universidade. Moita xente cruza por ahí porque para ir do Espacio Coruña cara o Expocoruña ou o parque infantil hai que dar un rodeo moi grande. Tamén faría falta outro paso de cebra na saída da rotonda elevada, á altura do edificio dos sindicatos e humanizar esa inxente cantidade de aparcamento actualmente innecesaria.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • anxo_gz
          anxo_gz  •  Autor  •  20/10/2021 14:39:25

          Toda esa zona necesitaría ser máis amable con peón dende a universidade ata a Av. Glasgow.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
      Non hai fitos definidos