Volver

Carril bici cruce Avenida do Porto

Anibal_exp Anibal_exp  •  24/09/2021  •  Toda a cidade  • 

foto3.jpg
foto3.jpg

Código proposta de investimento: 3097

Darlle continuidade ó carril bici de Avenida do Porto que desaparece cerca da Delegación do Goberno e únese á zona peatonal xusto antes de que se produza un estreitamento. Podería retirarse un dos carriles de circulación que xusto aprece nese punto.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é inviable por ser incompatible cos estudos de tráfico da contorna." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • inhakitomas

    E se o carril de circulación fose imprescindible, chegar a un acordo con Portos para trasladar una metros o edificio da Cantina do Porto (o edificio non ten valor ningún) en liña coa delegación de Goberno, deixando espazo para o carril bici

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • ddd

      Moi de acordo contigo! Non fan falta tantos carrís nesa estrada igualmente.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
      • erikskauch

        Moi boa idea, e certamente perigoso o tramo que vai ata que volve a existir carril bici nos Xardíns para conxugar bicis e peatons. O que imaxino que habería que facer e "rediseñar" o espazo diante da Delegación do Goberno...

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        • FernandoM

          Moi boa proposta, pero o carril bici tería que pasar "por detrás" da parada de bus, que ten moitisimo tráfico de peatóns.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
          Non hai fitos definidos