Código proposta de investimento: 3077
Na rúa Joaquín Martín Martínez existe unha praza cun chan rugoso, que non ten ningunha utilidade, non hai sombra, os rapaces non poden xogar ao ser o chan rugoso, propoño como outro ano, no que se dixo que era viable, pero non se fixo a obra, facer un espazo público aproveitable, confortable e gozable e conectalo coa outra praza na rúa que actualmente serve de aparcadoiro, e dando así continuidade ao espazo. Tamén para compensar as prazas de aparcamento perdidas se podería dar continuidade a esta rúa sen rematar.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.
Este espacio es público o pertenece a los edificios de esa zona ? Por ejemplo... esa plaza aunque pocos, tiene algo de hierba y plantas .. ¿quien los mantiene? Los vecinos o el ayuntamiento?
Se queres podes comprobar pinchando no meu nome as propostas realizadas outros anos e tal e como comento esa proposta foi incluso orzamentada, para a sua realización, polo tanto, sendo así entendo que é terreo municipal. Saúdos.
Ok, entiendo Anxo. Gracias. No puedo borrar mi comentario ahora resuelta la duda :/
Non pasa nada, queda para outro que teña a mesma dúbida :p Saúdos.