Volver

Carril bici en Los Rosales

emosqueira emosqueira  •  22/09/2021  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 2934

Crear un carril-bici por el barrio de Los Rosales, que parta de la Plaza Elíptica y que siga por Manuel Azaña hasta conectar con el carril-bici del paseo marítimo, bien por la Travesía de los Rosales (probablemente el trazado más lógico) o por el último tramo de la Ronda de Outeiro o la Avenida de Labañou.

Creo que la avenida de Manuel Azaña es lo suficientemente amplia para poner un carril-bici sin alterar demasiado lo existente, podría ponerse por el lado del boulevard, por ejemplo.

 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Proponse a creación dun carril bici exento dos carrís vehiculares tradicionais e anexo pero separado das sendas peonís existentes. A finalidade desta nova infraestrutura é a creación dunhas sendas ou itinerarios seguros para os ciclistas entre zonas residenciais ou núcleos dormitorios da cidade con núcleos de servizos (hospitais. Colexios…) ou centros industriais ou loxísticos con grandes desprazamentos de persoal en horario laboral e precariedade de estacionamento de vehículos. A implantación e trazado do carril bici discorrería desde a glorieta de Rolda de Outeiro a Glorieta de Emilio Gonzalez Lopez. O desenvolvemento da vía ciclista implantarase un carril bici unidireccional en ambas as marxes da rúa Manuel Azaña conformado por un firme tipo MBC Vermello, modificando ou desprazando a liña de aparcamento en bateria existente a aparcamento en linea, ou na mediana central axardinada con beirarrúas peonís de maneira análoga. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía por sentido de 2 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. Devanditos carrís bici serán unhas vías de unico sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros fóra da traza de rodadura ciclable segundo a xeometría da via. Nas zonas singulares tipo paradas de bus, realizarase unha adecuación para paso seguro pola parte posterior incluíndo reforzo de sinalización horizontal e vertical. Nas zonas que requiran unha adecuación maior pola interferencia con zonas peonís de beirarrúa, realizarase unha demolición da zona afectada, reposición de bordos en beirarrúas e execución dun novo firme de iguais características que a área precedente. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos de motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • josepenas

    Unha idea estupenda! Máis ca necesario nun barrio que se atopa na distancia xusta para por en valor a mobilidade ao centro e reducir o uso do automobil

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos