Volver

INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS ELECTRÓNICOS NAS PARADAS DOS BUSES URBANOS

Manuel_AV_Osnososlares Manuel_AV_Osnososlares  •  20/09/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 2858

Demándase a instalación de paneis informativos electrónicos nas paradas dos buses urbanos en Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe (liñas 20, 22, 1A) para facilitar a información sobre os horarios das paradas e os tempos de chegada (números de liña, destino e tempos de chegada) facilitando a visibilidade. Fundamental para os usuarios que non empreguen aplicacións móbiles. 

Localización: Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe

Proposta en nome de: Asociación veciñal "Os nosos lares" de Palavea-Santa Xema-Ponte da Pasaxe

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Na zona á que se refire a petición inclúense 7 paradas de bus urbano das liñas 1A, 20 e 22:  277 Avda. Alfonso Molina – Pedralonga  278 Alfonso Molina – Palavea dirección entrada da cidade  290 Alfonso Molina – Palavea dirección saída da cidade  369 Alcampo  370 Santa Xema  371 Avda. Pasaxe – Santa Xema  372 A Pasaxe En ningunha consta na actualidade panel informativo ou display sobre información de horarios das liñas, tempos de chegada, adaptación do bus a persoas con mobilidade reducida, etc... Logo de ver o número de persoas usuarias que esperan o bus urbano nesas paradas (datos 2019) e frecuencia das liñas, considérase que deben instalarse paneis nas 7 paradas indicadas, xa que o criterio técnico para a colocación dos displays informativos é principalmente a representatividade da parada nun uso estimado suficiente para o custo do investimento; debe lembrarse que non todas as paradas de todas as liñas teñen este sistema informativo na cidade, senón as máis representativas en uso, frecuencia, distancia a centros de interese (ambulatorios, centros educativos, etc...). Cada display ten un prezo unitario de 12.000€+IVE, e calcúlase un importe duns 5.000€+IVE para obra civil de instalación con canalización eléctrica, polo que cada parada supón 20.570€ (IVE incluído). Polo tanto, o investimento necesario ascende a 143.990,00€ (IVE incluído), ao que deberá engadirse o gasto de redacción de proxecto e dirección de obra, que se estima nuns 6.000€ máis, o que fai un total de 149.990€ (IVE incluído)."

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Yolandaforja

    En la parada de a ponte pasaxe (colegio sta maria del Mar) más que panel hacía falta una marquesina

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos