Volver

Plantación de 111 árbores autóctonas entre Monte das Moas - Parque de Eirís

xianaaaaa xianaaaaa  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2796

A miña proposta consiste nunha plantación de 111 árbores autóctonas mixtas no entorno do Monte das Moas - Parque de Eirís para ir convertindo a zona no pulmón verde que esta precisa (dándolle continuidade á  plantación de castiñeiros executada recentemente). A Organización Mundial da Saúde estima necesaria a existencia dunha árbore por cada tres persoas. Na Coruña non chegamos nin ao 20% dos que realmente deberiamos ter. O compromiso do Concello coa loita contra o Cambio Climático sitúa esta petición como unha das prioritarias neste senso.

Informe de custo

A proposta foi considerada VIABLE polo noso equipo técnico, segundo o seguinte informe: "Trátase dunha petición con localización e cuantificación do número de exemplares a plantar moi concreta polo que a estimación do custo, aínda que pode variar algo en función da especie e as condicións do subsolo, resulta moi axustada. Para a presente avaliación económica fíxose unha estimación do prezo medio "tipo" para a plantación de arborado en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo axeitado e acceso a rega. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidades e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes e drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • oscar_cdvr

    Totalmente de acordo. Ademáis de favorecer a saúde dos cidadáns creará lugares de sombra nos que disfrutar rapaces e maiores. Non obstante creo importante facelo con sentidiño, prantando as árbores máis frondosas nas partes baixas para que dende a parte alta non se perda a maravillosa vista da ría e da costa (Santa Cruz, Mera e mesmo cabo Prior).

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • xianaaaaa
      xianaaaaa  •  Autor  •  29/06/2016 11:50:03

      Unha aportación moi interesante, Óscar! Graciñas!

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • cgomezr

      Por curiosidad, ¿por qué 111 precisamente?

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • xianaaaaa
        xianaaaaa  •  Autor  •  06/07/2016 18:41:35

        😁 Pois primeiramente ían ser 100, pero pensando nalgo simbólico, se imaxinamos que os tres uns son tres árbores... tres árbores xa fan un bosque! 😄
        Ademais, mellor ir pouco a pouco e ir pedindo de cen en cen árbores para cada barrio 😉😊
        Saúdos!

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      Non hai fitos definidos