Volver

PARQUE INFANTIL DAS CONCHIÑAS

vpv vpv  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2789

Na ultima reforma da praza das Conchiñas quedaron deficiencias que motivan a que a veciñanza acuda a outros parques dos barrios limítrofes.

A zona de xogos infantil reduciuse, a consecuencia disto quedou unha zona apta para menores de 0 - 3 anos, máis carece de columpios adaptados a partir de 4 anos. Ademáis esta zona de xogos está moi proxima á estrada con paso frecuente de coches, o que xa provocou máis de un susto cando os pequenos saen pola rampa...sería conveniente instalar algunha valla ou sistema de retención xusto fronte esta rampa que da acceso aos columpios

Os nenos/as maiores, a falta de columpios, optan por subir ao xardin que linda coa entrada/saida de vehículos do aparcadoiro, desde onde existe un gran desnivel e resulta moi perigoso (despois de algún susto e denunciar o tema puxéronse unhas estacas con cintas...máis isto só serve para que as arranquen e xoguen con elas). Propoño que se invirta en facer un cerramento axeitado do xardin que evite que os menores se suban.

Zonas a cuberto para os días de choiva/sol onde resguardarse pequenos e maiores.

Aseos públicos

Paso peonil  de acceso á Praza desde rúa entrepeñas 

 

(proposta con certa relacción ao exposto na nº 147, onde xa deixei un comentario)

Informe de custo

A descrición desta proposta, que se considera VIABLE, recolle varios elementos a orzamentar: -a instalación dun peche perimetral en madeira para o parque infantil cun coste estimado de 6.000 €. -a instalación dunha pista multideportiva para uso de nenos maiores e adolescentes tería un custe de 40.000 €. -o paso de peóns con sinalización e mellora da accesibilidade tería un custo 1.000 €. -a instalación dun columpio valórase en 2.000 € -unha cuberta para protexerse da chuvia, tendo en conta a orzamentada no barrio dos Rosais, tería un PBL de 200.000€ O total ascendería a 249000 euros. Moitas grazas por participar neste proxecto de Orzamentos Participativos. Esperamos contar coas túas achegas na vindeira edición.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lorober

    O deseño desa área infantil é lamentable, nós somos unha das familias que mudamos de área infantil por ese motivo....antes era deficiente pero moito máis espaciosa, agora xogan cativos grandes e os mais pequeniños nunha área mínima, con escalóns, salidas de párquins e as mesmas estruturas de xogo que había antes da reforma, que xa daquela non chegaban a nada(non hai columpios, só un tobogán cativo.... ).Creo que a densidade de poboación do noso barrio xustifica unha área máis grande e completa, e con maior seguridade.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • asivale_43

      Creo que esta propuesta más que una opción a ser votada debe de acometerse en cualquier caso, ya que el diseño de la plza y particularmente de los espacios infantiles y su ubicación lindando con la entrada y salida de un parking es temeraria. Los daños físicos que el diseño de la zona infantil ha causado a niños en varias ocasiones (de hecho vuelve a estar vallada e inaccesible en parte). En fin...un deliro absoluto, por no decir una negligencia, que debe de ser corregida cuanto antes o habrá lamentaciones. Merece esta inversión, más aún, teniendo en cuenta que es la única zona (mínima) de esparcimiento de un barrio tan densamente poblado.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • fernando-pi

        Concordo. Semella que naquela praza fixeron un foso para meter aos cativos. Non sei a quen se lle ocorreu pero debeulle de quedar a cabeza a arder. Seguramente se lle ocorreu aos mesmos que puxeron semáforos na peonil rúa Barcelona

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos