Volver

Semáforos

josagon josagon  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2632

No paseo marítimo, zona San Roque, onde desemboca a rúa Archer Milton, hay un semáforo  que xunto con outro a continuación sentido Riazor, só son necesarios para facilitar o cruce do paseo polos peóns, e dase  un promedio anual no que máis  do 75% dos peches só serven para deter os coches sen ningún motivo justificado e sen ninguna necesidade. Só serven para gastar máis combustible, contaminar máis e perder máis tempo, porque non hai peóns que crucen. Isto demostra que a rendabilide dos peches sería 100% válida para os peóns se só cerrasen, coma os da Zona da Torre, con pulsador de peóns.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • monfero

    Esta proposta tamén a tiña eu na recámara ;). Non hai moito que puxeron o semáforo tal e como está e sempre pensei que fora moi mala idea. De todos xeitos na Torre hai semáforos con pulsador de peóns que tardan moito en darlle paso. O interesante sería que o cambio a verde fose case inmediato.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos