Volver

Rescate do abandono xeralizado da zona turística e histórica da cidade

ramon61 ramon61  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2435

Se queremos que a cidade teña algunha actividade económica que de traballo os coruñeses, teremos que mimar o TURISMO, xa que desaparecidas as principaís industrias e marchando o porto para Arteixo coma está, de algo teremos que vivir os coruñeses.

O abandono do núcleo turístico da cidade e arrepiante, polo que considero de extrema urxencia actuar na rexeneración do mesmo con medidas como:

- Reposición dos árbores que hoxe son tocóns ou directamente están desaparecidos, do que noutros tempos foi o xardín botánico de referencia de Galicia, os CANTÓNS - Reparación de canta estatua maltratada polo vandalismo ou os botelloneros, abandonada ou estropeada, existe (máis do 90%). O mesmo para o mobiliario moito de el rebentado por todo o xardín. -Reparación dos camiños do CANTÓN PEQUENO cheos de deschonchóns, baches e losetas do  CANTÓN GRANDE soltas ou rotas, así coma a reparación dos límites de parterres rotos, vellos, estropeados ou comestos polas pedras ou a maleza como no caso da ROSALEDA. 

- Substitución dos horrorosos e pestilentes wáteres químicos e de plástico por outros coma o existente no parque de Bioño por exemplo, con autolimpeza e auga corrente, que de outra imaxe a vergonzosa que están a dar en lugares tan turísticos coma o CASTELO DE SAN ANTÓN, ESTATUA DA VIRXE DO CARME no Parrote, e o mesmísimo aparcadoiro da TORRE de HÉRCULES.

- Reposición das farolas do PASEO MARÍTIMO que no seu dia arrancou Negreira sen explicación algunha deixando no seu lugar uns horrorosos buracos e pernos cortados a radial. - Limpeza con auga a presión de la “negrura” e suciedade dos bancos e balaustradas. -Reposición e reacondicionamento dos parterres entre o paseo e a carretiera, pisoteados no seu dia polos peóns que esquivaban as obras do paseo, e sen coidar ata hoxe. - Mantemento e reparación das marquesiñas abandonadas do tranvía e o elevador de San Pedro, comestas polo óxido. -Repintado das farolas roxas do paseo Marítimo entre o Acuario e o Castelo de San Antón que xamais se volveron a repintar dende a súa inauguración.

- Lavado rotundo da faciana da CALLE DO ORZÁN, abandonada a súa sorte lexislatura tras lexislatura. Reparación das lousas rotas nas beirarrúas case que cada semana, polos coches que se suben ou aparcan enriba delas. - Limpeza periódica dos grafitis existentes e os que se poidan producir cada semana, pra previr e desanimar os grafiteiros (pintar enriba os grafitis case que decotío). – Limpar de pasquins e cartelería  todas as paredes e escaparates abandonados que da a esta calle e os seus aledaños o aspecto deteriorado e abandonado e case que de cidade sin ley, que ten. A mesma actuación pra todo o casco HISTÓRICO e TURÍSTICO da cidade. - Obrigar a reformar as fachadas dos edificios abandoados os seus donos ou obligarlles a cambiar periódicamente as lonas ou redes comestas polos anos e cheas de suciedade.

- Reparación das luces do chan do PARROTE e os cristáis de peche, rotos polos vándalos a pedradas ou martillazos. - Reparación das farolas da MARINA (unha leva máis de medio ano así, preto do parque infantil, cunha bolsa de lixo tapando a desfeita). - Reparación das regletas de adoquíns que separan as masas de formigón na MARINA destrozadas (polo mal cálculo dos arquitectos da obra) debido o tránsito de autobuses, camións e coches. - Sustitución do céspede da MARINA propio de un patatal e non dun campo de golf coma debería. -Fixación das tapas de rexisto de toda a Marina (recén postas) que son un continua molestia acústica, cun continuo "cla-cla-cla" o moverse e facer ruído co paso dos buses e coches para desagrado dos turistas e persoas que poden estar disfrutando das terrazas, nun dos puntos neurálxicos do turimo cidade (inda que esto debería ser extensible a toda a cidade, obligando as empresas -auga, alcantarillado, comunicacións, eléctricas, etc.- a evitar esta incomodidade)

- Reposición do cañon que falta fronte o XARDÍN DE SAN CARLOS e que deixa a imaxe turística dos mesmos sen sentido o ter so dous de tres. - Liberación e obrigatoriedade de manter a empresa particular do Hotel Finisterre o parquing e o paso entre a Solana e as murallas, abandonado a súa sorte ata o momento, ca desculpa das súas inacabables obras.

- Reparación e reposición de mobiliario público en xeral, deteriorado ou desaparecido en todas as zonas que visitan os nosos turistas.

- Mantemento e reposición das luces do OBELISCO MILENIUN, apagado dende fai anos.

- Reposición de plantas e flores nos maceteiros do centro histórico e turístico, agora adicados a criar malas herbas e ortigas coma nos da FONTE DE SANTA CATALINA o tempo que sanear os monolitos desta praza e a de PONTEVEDRA. -Limpeza e remozado do muro situado entre o colexio e o instituto EUSEBIDO DA GUARDA  cheo de desconchós e pintadas, ou mellor por plantas enredaderas que eviten que ditas pintadas volvan a se producir.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que a súa proposta, do xeito que foi presentada, ten que considerarse inviable por tratarse dunha multiproposta. Debería ser agrupada, segundo os criterios reseñados na pestana de Máis Información, en propostas referidas a unha zona concreta da cidade para que poidan ser valoradas como Viables e apoiadas polos cidadáns na seguinte fase do programa. Agradecemos a súa participación e esperamos que elimine esta proposta e volte a presentalas por partes.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos