Volver

Carril bici que una el del centro de la ciudad (A Marina) con el del Burgo XA!!!

juan_carlos juan_carlos  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2432

Es una propuesta muy comentada, publicitada por diferentes organismos públicos (Diputación, Ayuntamiento, Xunta) pero a la que ni se le ve perspectivas de inicio y que solo se menciona en campaña electoral. Suerte si sabemos algo antes de las próximas elecciones municipales.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta é INVIABLE, aínda que está prevista a súa execución a través dun Convenio asinado entre o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña a través do proxecto "Carril bici metropolitano". A execución deste investimento está previsto que se faga a cargo dos fondos dese convenio, polo que temos que consideralo inviable. O proxecto no que se está a traballar creará conexións cos concellos de Culleredo e Arteixo mediante a creación de 5,5 quilómetros de infraestrutura ciclable que inclúe un carril por cada un dos sentidos entre a praza de Mina e o parque de San Diego, dando continuidade ao carril bici do parque de San Diego e do barrio do Castrillón para continuar coa creación dun carril bici paralelo ás beirarrúas existentes na actualidade na avenida da Pasaxe ata o concello de Culleredo. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Antoniov

    ogalla o fagan pronto

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • técnica1

      Esta proposta é viable pero está duplicada. Revise unha achega anterior codificada co nº 32 “Creación dunha rede de vías ciclabeis na cidade” e valore se a súa proposta pode estar incluida nela. Recomendámoslle que, sempre que o considere oportuno, considere eliminar a súa proposta e apoiar a nº 32 na seguinte fase de priorización, co obxecto de concentrar os votos nunha única proposta, e non dispersalos en varias delas que sexan iguais o moi similares. Se o desexa, tamén pode facer comentarios noutras achegas similares á súa para integralas todas nunha única proposta global.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    Non hai fitos definidos